Día mundial d@ docente
Karla Hoxe, día mundial do Docente vin esta foto e chamoume moito a atención que a maioría das miñas compañeiras que están cursando Educación Infantil compartiran esta mesma imaxe. Non vou falar do que significa ser docente ou dos soños que eu teño de selo, senón que pensando en como a maioría das miñas compañeiras publicaran esta mesa foto no seu perfil chámame a atención como persoas tan distintas, con personalidades opostas e que a simple vista non temos nada en común nos une o sentimento de este soño en común que é poder chegar a ser educadoras, mestras, psicólogas ou calquera traballo, pero co que realmente nos importa: Que sexa con nenos. A moitas de nós costounos moito chegar ata este punto onde estamos, e parándome a pensar eu dicía que se algún día chegaba a acceder a este ciclo esa sería a miña meta, pero agora que se fixo realidade decátome de que o que eu pensaba que era a meta non é simplemente máis que o punto de partida; o principio do que eu q...
