Día mundial d@ docente
Karla
Hoxe, día mundial do Docente vin esta foto e chamoume
moito a atención que a maioría das miñas compañeiras que están cursando
Educación Infantil compartiran esta mesma imaxe.
Non vou falar do que significa ser docente ou dos soños
que eu teño de selo, senón que pensando en como a maioría das miñas compañeiras
publicaran esta mesa foto no seu perfil chámame a atención como persoas tan
distintas, con personalidades opostas e que a simple vista non temos nada en
común nos une o sentimento de este soño en común que é poder chegar a ser
educadoras, mestras, psicólogas ou calquera traballo, pero co que realmente nos
importa: Que sexa con nenos.
A moitas de nós costounos moito chegar ata este punto
onde estamos, e parándome a pensar eu dicía que se algún día chegaba a acceder
a este ciclo esa sería a miña meta, pero agora que se fixo realidade decátome
de que o que eu pensaba que era a meta non é simplemente máis que o punto de
partida; o principio do que eu quero que sexa o meu traballo, o principio de
aprender todo o que poida sobre os nenos, o principio do meu soño... O
principio da miña vida.
Así que se algún día volvo ler isto so quero dicirme ao
meu hipotético futuro eu:
FELIZ DÍA MUNDIAL DO DOCENTE,CAMPEONA!


Comentarios
Publicar un comentario