O CDR O Viso comeza un novo curso de Educación Infantil na Limia
Karla
Ao largo do día de hoxe atopeime cunha noticia
relacionada coa Educación Infantil que me pareceu interesante para
compartir neste proxecto que hoxe comezo.
Ao ler a noticia chamoume moito a atención que nun
pobo relativamente pequeno, comparado con Ourense por exemplo, tivera unha
acollida tan grande este proxecto que xa se iniciou xa con anterioridade.
Creo que é unha iniciativa moi boa para os máis pequenos
e pequenas da casa, xa que desta maneira as familias son partícipes non so no
ámbito do fogar, senón que tamén se involucran de maneira activa nunha
preparación escolar que durará ao longo de moitos anos.
As nais e pais son os primeiros coidadores na vida de un
neno ou nena, e desta forma poden seguir eles un modelo que neste novo curso
lle poden ensinar profesionais cualificados.
Ademais paréceme que é unha forma que lle axuda a que a
entrada ás escolas infantís ou ben ao colexio para os cursos de educación
infantil sexa menos traumática xa que con esta iniciativa os nenos poden ir
acostumándose aos coidadores coa ventaxa de que os seus proxenitores estean
alí.
Por outra parte que estea financiado polo Ministerio da a
entender que a educación e o ensino cada vez conta con miles de posibilidades
máis modernas e adaptadas ao noso tempo e que outros colectivos se estean dando
de conta.
Comentarios
Publicar un comentario