Os prexuízos de xénero e a roupa das crianzas.
Karla
Atopeime este vídeo nas redes sociais e creo que, dentro
do portfolio que estou a realizar, isto merécese unha entrada.
Os pais desta nena de tan so 5 anos subiron este vídeo no
que a pequena, nun día de compras cos seus proxenitores da unha gran lección ás
grandes industrias téxtiles e a todo o mundo en xeral.
Mirando as camisetas de nenos e nenas, a nena dáse de
conta de algo que a primeira vista parece insignificante: Os mensaxes das
camisetas. Mentres que as dos nenos poñen cousas como ‘Se aventureiro’ ‘Loita
polos teus soños’ etc. as das nenas poñen cousas como ‘Hey!’ ‘Guapa’ e cousas
polo estilo.
Por que as nenas simplemente teñen que ser guapas mentres
que os nenos teñen que ser aventureiros e loitar polos seus soños?
A reacción da nena foi coller as camisetas masculinas e poñelas
na sección de nenas, cousa que me resultou moi graciosa pola curta idade da
pequena.
Ninguén ten que dicirlle a ninguén se ten que ser guapo,
ou aventureiro, os nenos, e tamén o adultos teñen que ser o que queiran ser,
sen que ninguén lles poña uns patróns so por unha simple diferenza fisiolóxica.
Se os nenos non teñen ningún prexuízo por culpa de nacer
neno ou nena, Por que os adultos e industrias millonarias teñen que impoñerllo?
Quen se cren para facelo?
Espero que cousas como estas se erradiquen canto antes e
so nos fixemos na persoa, que o final é o que importa. E sobre todo, que
aprendamos dos nenos.

Comentarios
Publicar un comentario