Babies

Noemí



Esta nova reflexión, trata acerca do documental "Babies". Non o coñecía até que escoitei falar del aos meus mestres na clase, polo xeito no que falaron del, espertoume curiosidade e decidín velo.

Pareceume realmente fermoso e con moitas ideas sobre as que reflexionar. Por un lado, neste documental, obsérvase claramente como o entorno nos condiciona dende o momento no que nacemos e que o bebé, vaise facendo maior adaptado ao seu entorno e, reproducindo moitos dos comportamentos dos seus proxenitores, moitos deles dados pola cultura na que viven.

Por outra banda, aquilo que tantas veces escoitamos "Non é feliz o que máis ten, senón o que menos precisa" faise totalmente visible, neste documental. Os bebés que viven en Etiopía, que dende o momento no que nacen, teñen contacto coa súa nai, que o seguen mantendo cada vez que o precisan, que comen todo o que se encontran no seu camiño, que viven rodeados de natureza...en definitiva, que son libres!, semellan ser os nenos máis felices...

Comentarios

Publicacións populares