Comezamos a viaxe
Noemí
Hoxe atópome
moi ilusionada con esta nova etapa na miña vida, cursando unha FP de educación
infantil, por moitos motivos, mais aquí, gustaríame falar fundamentalmente de
un.
Motivoume
moito o feito de coñecer, como programa cada asignatura o mestrado que me
impartirá os módulos deste curso. Durante todos os meus anos como alumna de
escolas, colexios, institutos e universidades (todas elas públicas), o método
de ensino foi moi distinto ao que agora me presentan os meus mestres. Clases
maxistrais nas que non se buscaba a participación do alumnado, a alternativa é
a busca dunha aprendixaxe a través da experiencia e non só da teoría,
adquisición de coñecementos a través da reflexión e non só de xeito mecánico ou
memorístico, traballo en grupo fronte ao individualismo...
Unha
asignatura que non acabo de entender é FOL, non lle atopo sentido a un módulo
como este, nunha formación específica de educación infantil. A educación no
noso país, ten moito de política (por desgraza) e relaciono que prioriza estes
coñecementos, antes que outros moitos, aos que lle poderíamos dedicar ese tempo
e que son moito máis importantes na nosa profesión. Cada persoa, unha vez,
obteñamos esta formación, seguirá o seu camiño. Se se incorpora ao mundo
laboral, debería preocuparse por ter coñecementos básicos neste campo; se
decide montar unha empresa, o mesmo, informarase antes de como facelo, como
contratar aos seus traballadores etc.
Por hoxe
nada máis. En resumo: moita emoción e gañas!!

Comentarios
Publicar un comentario