Cruzando en vermello

Noemí


Esta fin de semana, unha nova situación, invitoume de novo a reflexionar e compartilo aquí.
Saía da miña casa cun pouco de présa, así que nun paso de peóns con semáforo, decidín cruzar en vermello cando non viñan coches. Unha nena, estaba coa súa nai e cando me viu cruzar díxolle:

- "Mamá, esa chica cruzó en rojo!", ao que súa nai lle respostou
- "Ella es mayor".

En primeiro lugar, decateime do enorme influencia que somos os maiores para os nenos/as, e o coidado que temos que ter cos nosos comportamentos. Para isto, non podemos actuar dun xeito cando estamos con eles, e doutro cando non son os ollos da infancia os que nos miran; é moi difícil mudar os nosos comportamentos segundo o contexto, nalgún momento ímonos esquecer de como temos que actuar. O máis importante, é concienciármonos de que, depende das persoas adultas de agora, como serán os adultos futuros.

A mensaxe que lle lanza a nai, é moi perigosa. Que entende un neno/a cando lle din iso? Vai a poder facer o que queira cando sexa maior?  As normas só son para eles? de aquí, a importancia da linguaxe que empregamos da que moitas veces, non somos conscientes pero é moi, moi importante reflexionar acerca das mensaxes que lles mandamos.

Comentarios

Publicacións populares