‘La terapia musical puede ayudar a los niños a lidiar con vacunas de inmunización’

Karla



Onte saíu esta noticia que, brevemente, vén a dicir que os nenos que reciben unha terapia musical mentres se lles pon unha vacina están menos estresados e isto axúdalles a ‘esquecerse’ da dor desta.
Por outro lado, os pais tamén estaban menos estresados e isto transmitíanllo tamén aos seus fillos, cousa que aos pequenos tamén lles axuda.

Paréceme que este estudio, aínda que a priori pode parecer unha tontería e algo sen moita relevancia, no fondo é algo moi importante para a sociedade e para os nenos.

Unha simple vacina, que para un adulto pode ser un trámite sen ningunha relevancia, para os nenos é algo que incluso lles pode crear un trauma.

Que de repente o leven a un sitio que non coñece, que vexan a alguén vestido coa bata branca e que apareza cunha agulla e lle poña unha vacina pode ser un momento terrible, cheo de berros, choros, medos e angustias.

Que se intente facer máis levadeiro este proceso é unha idea moi boa e que pode axudar ao neno a entender as cousas.

Tamén, pensando neste estudo, ocórreseme a idea de que non debía ser un simple proceso de chamar ao neno a consulta, pinchalo e que se vaia; senón que dependendo da idade do neno debíase intentar explicarlle o que vai pasar, resolverlle as dúbidas que teña e facerllo algo máis divertido e non tan aséptico e triste.

Agardo que estudos como este aparezan a moreas para poder facerlle aos pequenos a vida un pouco máis ‘doada’ e poder facer que entendan o mundo novo e descoñecido que os arrodea.

Comentarios

Publicacións populares