Lembranzas da escola
Karla
Miña nai estívome contando anécdotas e historias de cando
eu era pequena.
Moitas delas de cando asistía a preescolar, pero unha
destas historias, da que me acordo perfectamente ao día de hoxe, case 16 anos
despois, pensei que tería que incluíla neste portfolio.
Cando tiña catro anos, eu asistía ao ‘cole dos maiores’
encantada, con miles de ilusións, con ganas de estar cos meus compañeiros e de
aprender. Un día, que eu pensei que sería coma todos, algo me marcou ata o día
de hoxe.
Estabamos sentados catro nenos que formabamos o equipo
azul facendo unha actividade, que se mal non recordo, era pintar un debuxo das
nosas familias para logo facerlle un cadro e levalo a nosa casa. Para un neno,
creo que unha actividade así cóllea con máis ilusión e entusiasmo xa que,
orgulloso, vai levala a ensinar aos pais e espera que ocupe un lugar
privilexiado no fogar.
Nun momento da actividade, eu pedinlle un lapis de cor a
un compañeiro. Non nos deixaban levantarnos da cadeira, cousa que nun neno de
catro anos me parece, a parte de incomprensible, un sufrimento para os
pequenos, que necesitan estar cada pouco en movemento. E por este motivo eu
berreille a el para que mo deixara. Recoñezo que non é o máis adecuado berrar
para pedilo, pero tamén me poño na pel da nena que era eu e que non se paraba a
pensar o que está ben e está mal.
A profesora, que era moi recoñecida polos seus anos de
experiencia, acercouse a min, e sen darme ningún tipo de explicación, pegoume
unha labazada e castigoume nunha mesa que tiña separada de todo o mundo.
Do que máis me recordo e que sendo tan pequena eu só
quería chorar polo que acababa de pasar, pero o meu orgullo impedíamo.
A explicación que miña nai lle pediu ao contarllo e que
tiña un ‘mal día’ e que me tocou a min pagalas.
Creo que a violencia, tanto física como verbal é
inadmisible, pero aínda máis en nenos pequenos; e moito menos xustificada é que
o faga un mestre ou mestra.
Quizais un suceso tan ‘insignificante’ para esa mestra
como unha labazada, para a min, e para calquera neno, pode crearlle unha serie
de traumas e incluso de medos e inseguridades como a de non querer volver ir ao
colexio, como foi o meu caso nas semanas posteriores.

Comentarios
Publicar un comentario