Modelo educativo
Alicia
Desde que decidín facer este ciclo teño máis claro ca
nunca que o modelo educativo tradicional debe cambiar.
@s nen@s non teñen por que estar sentad@s por que a
mestra llelo impoña.
@s nen@s deben ter un espazo para xogar activamente,
descansar e relaxarse.
@s nen@s non poden estar condicionad@s por un espazo no
que pintar, por exemplo un folio.
@s nen@as non teñen aínda o cerebro completamente
desenvolvido para marcarse espazos, para saber ata onde poden e non poden
pintar e debuxar. Creo que o mellor sería un gran papel no que pintaran no chan
para poder sentirse máis cómod@s.

Comentarios
Publicar un comentario