Nova ou vella educación

Karla


Como adicta que son ás viñetas de Mafalda, atopeime hoxe subida ás redes sociais esta que recollo e chamoume moito a atención.

Nela, o autor está a mostrar na pel de Felipe a realidade dos nenos de hoxe en día.

O mundo da educación está cada vez máis revolto con este conflito: Deberes si, deberes non...
Vin unha reportaxe nas noticias que dicía que de media un neno, despois da súa xornada escolar, que vén sendo aproximadamente 6 horas, pasa outras 2 horas máis facendo deberes. Se a isto lle sumamos as 8 horas que se debería durmir e outra hora máis entre aseo e comer, aos nenos simplemente lles quedan 7 horas para ser o que son, nenos.

Creo que un neno necesita tempo para divertirse, relaxarse, e ser feliz xogando e despreocupándose dos seus problemas, que pese a que a algúns adultos lles parezan tonterías e cousas sen importancia, en realidade teñen moita.

Non me parece mal que ao mellor teñan que traballar algo en casa, pero eles teñen unha xornada escolar igual que a xente maior ten a súa laboral, e non creo que no mundo dos adultos a idea de levar a xornada laboral á casa durante ese tempo todos os días fora adiante.

Pero como os nenos parece que non teñen nin voz nin voto e teñen que andar ás ordes dos maiores, o problema vai seguir moito tempo arraigado aos estudos, e deberiamos solucionalo canto antes, polo ben dos pequenos e da súa calidade de vida.

Comentarios

Publicacións populares