‘Os escolares da Limia convertéronse por un día en axentes da autoridade’
Karla
Nesta I Convivencia Interescolar de Educación Vial
participaron os colexios de Xinzo de Limia, Rairíz de Veiga e Vilar de Barrio.
Paréceme que esta idea está moi ben, xa que os nenos
dende unha curta idade teñen que ter polo menos unhas nocións básicas de
educación vial, tanto pola súa seguridade como para a dos demais.
Na Convivencia colaboraron os vehículos da Garda Civil,
Policía Local e Protección Civil. Por outro xeito, estivo presente tamén o
posto de mando da Axencia Galega de Emerxencias.
Esta actividade paréceme que lle axuda moito xa que
mentres aprenden, tamén están xogando coas sereas dos coches, coa megafonía, e
facendo que os conducen, e isto fai que aos nenos lle quede máis gravado na
memoria todo o que poden aprender nesta xornada.


Comentarios
Publicar un comentario