Día da Bandoleira
Karla
Fonte:
Mañá, 5 de outubro, a Cruz Vermella celebra o Día da
Bandoleira. Nesta edición, que se celebra a nivel nacional, trátase de recadar
fondos a favor da infancia.
Para isto, organízase unha xornada de actividades e
talleres para grandes e pequenos.
Paréceme que moi boa idea que unha entidade tan famosa e
coñecida como a Cruz Vermella organice está xornada a favor da infancia xa que
actualmente por problemas económicos que sufre o país, miles de nenos estean
nunhas condicións moi malas, incluso inhumanas.
O tema de que nos talleres realizados podan participar
adultos e pequenos fai que tanto os pais e fillos podan realizar actividades e
pasar tempo xuntos.
Simplemente, que se faga todo o posible por e para os
nenos paréceme unha labor marabillosa e chea de respecto, cariño e sen pedir
nada a cambio.
Espero que estas xornadas sigan existindo por moito tempo
e que se fagan dende distintas entidades, porque os máis pequenos da casa
ocupan un lugar moi grande no mundo e merécense que miremos por eles mentres
non sexan adultos.


Comentarios
Publicar un comentario